A ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE(OQO Editora)
- 14,00€
- Marca:OQO EditoraEN STOCK
- envío desde 6,00€*
ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE - Literatura infantil en galego.
Comprar A ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE por 14,00€. Producto en stock, recogida en tienda y envío desde 6,00€.
Precio, información, características e imágenes de A ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE EAN 9788498713657, pertenece a la categoría Narrativa (6) y a la marca OQO Editora (6).
Encuentra productos relacionados y de similares características a A ÁRBORE TAN POUCO ÁRBORE en "Rincón de los Libros", "Literatura Infantil en Galego", "Narrativa".
Información
Autor: Miguel Pérez Arteaga
Hai selvas-illa, selvas-montaña e selvas-trampolín. En cada selva, claro, hai un lobo. Tamén un alce e un caribú. O lobo pasa os días a correr atrás deles, ata que os pilla e os come. Entón, busca outra selva. Nesta selva, non había lobo nin alce nin caribú, pero tiña unha árbore no alto dun outeiro. Unha árbore que non era como as outras: falaba. Non se lle entendía nada, pero falaba. —Nunca vira unha árbore tan pouco árbore –dixo o lobo.
Entre Cambrils e Mont-roig, en Tarragona, hai unha praia agochada; para chegar onda ela hai que pasar por unha corga e por unha praia de grandes pedras. Entre esas penas acumúlase o lixo que trae o mar: caixas de peixe do peirao máis próximo, aramios enferruxados, latas, anacos de madeira das árbores que arrastran as riadas… De aí parte Miguel A. Pérez Arteaga para crear este álbum singular.
“Os materiais que atopo na praia fanme pensar en África” –di Miguel Ángel. Por iso, o autor escolleu ilustrar unha antiga fábula africana. Pensando nos materiais dos que dispón, modifica a narración, acurta os diálogos e constrúe os espazos, creando un ambiente poético e inspirador. Nel atópanse unha árbore que fala e un lobo que se cre moi listo, nunha historia que representa a figura universal do burlador burlado: o lobo persegue alces e caribús nunha carreira sen fin, de selva en selva, ata que cae na súa propia trampa.
Co uso de obxectos de refugallo, o autor busca educar e desenvolver a sensibilidade artística e creativa, fomentar o amor polo reciclado, polo imperfecto, e motivar os lectores para construír as súas propias historias.
A partir de 4 anos.
¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?
Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.