Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

Encuentra, compara y compra productos de la categoría Galego (Rincón de los Libros | Rincón libros infantil) al mejor precio en nuestra tienda online.

Información, imágenes, características y precios de artículos de la familia Galego, listada en la subcategoría Rincón libros infantil, perteneciente a la categoría Rincón de los Libros. 2 artículos disponibles.

Novedades, outlet y ofertas en Galego.

Mostrando 2 de 2 productos
Filtro

ordenar por

NON É UNHA CAIXA É UNHA CIDADE

14,00€

Autora e ilustradora: ANTOINETTE PORTIS - Podo axudarte?- Non necesito axuda.- Eu son moi alta!- Veña, está ben. Pero esta é a miña cidade…O traballo colectivo fai que esta cidade deixe de ser “miña” para ser “nosa”. Outra volta sobre unha proposta imprescindible a prol da imaxinación e do xogo creativo.O coello que protagoniza esta icónica serie de Antoinette Portis observa unhas caixas de cartón amoreadas, de distintas formas e tamaños, e decide converterse no “mellor construtor do mundo”: velaí o detonante de «Non é unha caixa. É unha cidade».A chegada doutros animais ofrecéndose a colaborar e a participar no xogo choca co seu carácter individualista, rexeitando así a intervención doutros axudantes ou xogadores. Ao verse só cambiará de opinión e contará coas achegas da xirafa que, co seu longo pescozo, pode facer torres máis altas do que alcanza o coello; das formigas, que son quen de erguer 50 veces o seu propio peso e poden transportan as caixas máis voluminosas; e do camaleón, un experto en cores, que empeza a pintar a cidade.Fronte ao egoísmo e á intolerancia que conducen á soidade e á tristura, o coello descubrirá a importancia de compartir, abrazar a diversidade, respectar outros puntos de vista e, sobre todo, valorar o traballo en equipo e facer amizades.Rectificar é de sabios e o protagonista decatarase da necesidade de colaborar para, entre todos, darlle vida a unha grande e fermosa cidade como resultado do esforzo colectivo e do poder ilimitado da imaxinación.Tralo éxito internacional de «Non é unha caixa», a autora volve reivindicar o xogo libre e creativo neste novo libro onde as imaxes, unha colaxe de caixas entre as que se sitúan os personaxes, trazados cunha absoluta economía gráfica e expresiva, seguen tendo un peso maior que o texto. Partindo de reciclar e reutilizar materiais tan simples como unhas caixas de cartón, a ollada infantil pode transformalas no mellor dos xoguetes; un recurso ben humilde, mais con infinitas posibilidades.

COMO ESCORRENTAR UN LOBO

15,50€

Autor: ANTONIO M. FRAGA - Ilustradora:  MARÍA BRENNAno 1944. Nunha Polonia ocupada polos nazis, Noncia rescata dúas crianzas xudeas do seu tráxico destino e agóchaas na súa casa. Para as axudar a combater o medo, relátalles unha incrible aventura que viviu na súa infancia, cando percorría os camiños acompañando o tabor xitano ao que pertencía. A historia trasládaos ao corazón do misterioso bosque de Bialowieza, onde a familia de Noncia, tras extraviarse no medio dunha treboada, chega á vila secreta de Polana Wilków, o fogar dos Neuri. Alí coñecerá as distintas criaturas fantásticas que se agochan no bosque e aprenderá a mirar o medo cara a cara.Como escorrentar un lobo é unha aventura chea de misterios co arrecendo das lendas contadas baixo a luz dunha candea.A partir de 8 anos.

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.