Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

Encuentra, compara y compra productos de la categoría Galego (Rincón de los Libros | Rincón libros adult@s) al mejor precio en nuestra tienda online.

Información, imágenes, características y precios de artículos de la familia Galego, listada en la subcategoría Rincón libros adult@s, perteneciente a la categoría Rincón de los Libros. 3 artículos disponibles.

Novedades, outlet y ofertas en Galego.

Mostrando 3 de 3 productos
Filtro

ordenar por

URALITA

16,50€

Autoras: IRIA PINHEIRO traballa como actriz desde o ano 1998 e desenvolve a súa actividade no audiovosial, nas artes escénicas e na música, ademais de participar en longametraxes, curtametraxes e videoclips. Destacou no cabaret onde foi compositora, letrista e guionista. No ano 2012 creou DandyLady, un alter ego co que investiga as posibilidades da poesía escénica e para o que foi ideado Uralita. Na actualidade traballa no espectáculo Anatomía dunha serea polo que recibiu dous Premio María Casares. Recibiu tamén o Premio Maruxa Villanueva á Interpretación pola súa traxectoria como actriz.MARÍA LADO comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Como poeta ten publicado A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (2002), berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) e oso, mamá, si? (2015) que foi escollido mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. Tamén é autora dos libros para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e 5 minutos (2017), Mulleres Bravas da Nosa Historia: Rosalía de Castro (2016) e da novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016). Dende o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios espectáculos baixo o selo Aldaolado cos que percorren escenarios do máis diverso, dende teatros ate palcos de festa. É, tamén, unha das creadoras do colectivo Poetas da Hostia.SINOPSE:A actriz Iria Pinheiro e mais a poeta María Lado, nun proceso de escrita vivo, impúdico e singular déixanse levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar.

OS LIBROS QUE HAI EN MIN

16,50€

Autora: EMMA PEDREIRA (A Coruña, 1978). Poeta e narradora.Como poeta ten publicado dez títulos ente os que destacan O Libro das mentiras, Antídoto ou As voces ágrafas. O seu poema "Lista da compra da viúva" foi considerado en 2017 o Mellor Poema do Mundo. Foi musicado polo músico Xoao Berlai no seu último traballo, “Cas Berlai”. Oturos poemas seus como "É importante falar baixiño agora" ou "Castelo de Mentiras" foron versionados e musicados pola música e poeta asturiana Ana Lamela ou "Sapo de Lesbos" polo grupo vigués Xardín Desordenado.Como narradora publicou Besta do seu sangue (Premio Xerais 2018 e Arzebispo San Clemente) ou Bibliópatas e fobólogos, que resultou Premio da Crítica Española en Lingua Galego no ano 2017. En 2019 publica a súa primeira obra para público xuvenil, Os corpos invisibles, coa que acadou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o premio da Gala do Libro Galego 2020 como mellor obra xuvenil.En Baía Edicións ten publicada a novela As fauces feroces e é unha das autoras incluída na antoloxía de relatos Entre Donas.En 2021 publica, xunto coa ilustradora Laura Romero, o libro XelArias, palabra á intemperie, que visita, en clave de biografía poética a vida e obra de Xela Arias, poeta e tradutora á que se lle adican as Letras Galegas de 2021.Como tradutora traduciu ao castelán a súa propia obra dentro do libro bilingüe galego-castelán Antídoto ou a tradución ao español de Corazón y demás tripas.Como artista plástica fai pequenos libros de artista e collages, como os que ilustran o poemario a catro mans O Elo, xunto con Quico Valeiras ou creou portadas para libros, diarios e revistas, así como ilustracións interiores. Ademais, as súas obras poético-visuais O fotográfo e As cicatrices son para a amante, combinan poesía e collage.SINOPSE:Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras atentas e curiosas lle pidan algo así como unha “biografía bibliográfica”. Un ensaio que percorra a vida dunha bibliópata desde a infancia ata os, poñamos por caso, corenta anos; desde que odiaba ler ata chegar ao punto de desexar non parar de facelo, no que conte as súas vivencias arredor desas obras que supuxeron un antes e un despois. Un texto cheo de humor, amor, anécdotas, digresións e libros. Os libros que hai en Emma Pedreira.

SOPAS NEW CAMPBELL

16,50€

Autora: TERESA MOURE, Teresa Moure é o nome dum "work in progress", um projeto performático em construção. Qualquer dado biográfico (humano) atribuído a TM é, portanto, (necessariamente) falso.SINOPSE:Nádia transporta armários numa carreta. Habitualmente vai disfarçada e espera à noite para se ocultar entre as sombras. No entanto, seria difícil que não tivessem reparado nela porque o rebuliço da atividade que lhe tocou em sorte dá nas vistas num mundo uniforme como este que habitamos. Não escolheu carregar com armários, é claro; mas não consegue separar-se deles. Ao final, tudo vai parar ao armário; é sempre útil ter um a mão.

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.