20,00€
Autor: JAVIER GARCÍA GALDO naceu en Ferrol, 23 de novembro de 1973 e vive en Santiago dende 1990. É biólogo mariño e apaixonado divulgador mariño. 25 anos traballando pola pesca e o marisqueo sostibles. Actualmente traballa como director técnico dunha consultora especializada no medio mariño. Con ampla experiencia como docente, asesoramento e xestión pesqueira, mergullador, auditor, consultor pesqueiro, xestor de proxectos e comunicador en producións audiovisuais e iniciativas de sensibilización sobre o mar. Experiencia en Imaxen submarina. Traballou para administración, xunto o sector pesqueiro, na empresa privada e en ONGs, o que lle deu unha ampla visión dos retos e desafíos da nosa relación co mar. Durante os últimos 5 anos colabora semanalmente nun programa de radio sobre o mar de Galicia “Mar de Ardora”.A súa motivación para escribir foi aclarar as dúbidas dos seu fillos sobre o mar e o seu traballo. Despois empezou a colaborar no programa da radio galega “Mar de Ardora”, e tra-lo primeiro ano tratando temas sobre o mar, decidiu escribir sobre eles coa intención de publicalos.O seu obxetivo é dar a coñecer a biodiversidade dos nosos mares, e comprender mellor o océano e os seus habitantes. Porque o que non se coñece non se pode respetar nin amar.Este libro pretende explicar, en linguaxe coloquial, evitando tecnicismos, algunhas das preguntas que moitos de nós podemos ter sobre o mar, os seus habitantes e a nosa relación con el.Ilustrador - ROQUE ARAUJO REYSINOPSE:Para que serve una balea? Canta forza ten o mar? Cantas especies habitan os océanos? Porque soben e baixan as mareas?Estas e moitas outras preguntas teñen resposta neste libro sobre o mundo mariño, con ilustracións que espertarán a túa imaxinación e explicacións claras e sorprendentes baseadas no rigor da ciencia e do que hoxe coñecemos do mar.En cada páxina aprenderás algo sobre os misterios do grande azul e comprenderás por que debemos coidalo.Empápate coas súas páxinas para poder coñecer, amar e conservar os nosos mares.A partir de 5 anos.